Quédate en casa desde Vigo, 19 de abril

Día 14
Ola bos días familias! aquí estou de novo neste 14 de Abril de 2020. Si esta é a data na que daba comezo o terceiro e ultimo trimestre deste curso. A ver o que nos vai deparando este tempiño, e a ver que imos facendo para manternos en contacto.
para comezar un bico en forma de cantiga
Antes de seguir, gustaríame saber como estades, como vos atopades todas as persoas da vosa familia,  gustaríame recibir ideas de como vos sentides , gustaríame saber que vos parecen as propostas que vos envío, si tedes algunha petición especial si notades en falta algo…
A miña intención e manter o fío para saber da nosa existencia e como esto e novo para todos sempre teño a dúbida de si  e suficiente ou si me paso  ou non chego.Mentres sigo a espera de instruccións por parte das autoridades educativas, quería facer unhas  de preguntas
Leichedes os contos viaxeiros? gustáronvos? pensachedes algún título? si é así podedes ENVIARME O TITULO POR CORREO
ALGUÉN LEEU O CONTO DE FELIZ FEROZ O LOBO RIQUIÑO?
Alguen de vos  usou o materias de transitar os adentros?escoitachedes un pouquiño os vosos sentires escoitachedes os dos vosos fillos e fillas?
Para rematar vos propoño  unha pequena actividade que un grupo de maiores xa fixemos, tes que fixarte ben nesta foto y escribir ou grabar algún texto   que a foto te suxira.  que ves? que lle pasa? que fai? porque está aí?… Pode ser un texto que responda a realidade ou pode ser imaxinario, vos diredes.A imaxen vai no arquivo adxunto.
no segundo arquivo vai un contiño dos moitos que xurdiron  en torno o coronavirus, podedelo ler .
Saude, alegría e cooperación Carmen

dia 15
os días familias! Grazas pola vosa rápida resposta as enquisas, (so faltades seis familias ) e polos correos nos que  repostabades as  miñas inquedanzas recollin ou tratei de recoller todas aquelas cuestións que me plantexabades e vou tratyar de dar resposta  espero non quede ningunha no tinteiro.
En primeiro lugar e unha alegría saber que todos vos atopades ben de saude e que o bichejo nos apareceu no voso entorno familiar, por tanto  agradeceremos esa fortuna de sentirnos e estar sanos.
Agradezo tamén o feito de que todas as familias estades respostando e facendo cos vosos nenos e nenas o que  queredes e podedes e todo aquelo que está nas vosas mans. E inda que me repita, pois grazas, e unha nova situación na que todas as familias nos estamos posicionando.
Eu manexome entre o meu sentir a miiña idea de escola, e as “ordes ” que me van enviando as autoridades educativas.
A dia de hoxe so coñezo o que publicou na súa páxina a Consellería de Educación o día 13 de Abril e que ben dicir que ofrezamos actividades de reforzo  repaso  dos contidos traballados sen esquecernos das competencias básicas.
Por tanto non vou avanzar en contidos e respostando a todos aqueles que me preguntades por sociais e naturais   non vou propoñer ningún contido novo.
Considero que reforzar a lectura e a escritura e suficiente, asi como practicar nos conceptos matemáticos que xa fomos vendo(numeros ata o cen, sumas con  e sin levadas e restas sin levadas, mayor  menor contar de dous en dous de tres en tres  de cinco en cinco de diez en diez….en sentido ascendente y descendente.
Outras persoas propoñedes  algunha video clase ou algún encontro con video no que poidamos vernos,neste sentido, estou probando cunha plataforma que nos ofreceu a Xunta de Galicia.(Webex). nesta semana imonos por en contacto os profes e cando vexa como vai volo propondría se vexo que é posible. (sei que hay outras opcións pero só usarei con vós as que nos propoñen  dende a administración, hei de ter coidado coa lei de protección de datos, e coa imaxen das vosas nenas e nenos, que non olvidedes que son menores e o ciber espacio e perigoso).
En canto a miña opinión do teleprofe o o telealumno nesta etapa na que eu traballo,  pois aí a deixo, teño moitas dúbidas, por non decir que non a comparto.
Tamén algunhas familias amosachedes a vosa preocupación  polo emocinal, algun de vós  comentaba que moito imos ter que traballar cando volvamos vernos, e non precisamente , nos contidos acadmicos clásicos, pois esas cabeciñas a pesar de sorrir pensan e sinten moito, Claro que sí, teremos moito que replantexarnos, escolas e familias, e xuntos trataremos de dar resposta a todas esas inquedanzas, serán momentos de moito falar, de moito pensar de moito repensar o que facemos e como.
Eu irei de momento día a día.
.Como proposta para hoxe vos envío outra imaxen xa vos dixen que un grupo de adultos estamos intentando escribir, dar  saida os nosos sentires a través da escritura. Se vos inspira algo a imaxen  o escribides .
Como reto matematico vos invito a que preguntedes a idade as persoas que viven na vosa casa, as anotedes de mayor a menor, logo calculade cantos anos tedes entre todos, e finalmente calcular a diferencia de anos entre o maior e o menor(pensade que hai que usar distintas operacións)
Nun video, podedes ver un reto que nos plantexan Mikel e o seu irmán . Podedelo facer se vos apetece experimentar
Me despido cunha musica por se a queredes bailar

Saude , alegria e cooperación Carmen

día 16
Bos días familias, aquí estou de novo con vos, logo de estar traballando un pouquiño para dar resposta os requerimentos das instancias superiores,
Vexo que acollichedes  con ánimo o de comezar co libro. Algúns de vos preguntasdes polos audios aos que fan referencia no libro. A eses audios  se ten acceso dende a plaforma  da editorial, so para profes, por tanto  so teño acceso eu,
Estiven tratando de descargalos para compartir pero non me deixa, Estiven fedellando e  grabeino co móvil, non e unha calidade moi boa pero aí vai nun arquivo adxunto, para que poidades ir empezando.
Para dar resposta a todos aqueles que queriades cousas de matemáticas e por repasar as cuestións que estivemos a traballar na clase vou enviar cada semana un arquivo con dez exercicios e os ides facendo aos poucos.
Para  finalizar un poema de Rosalía de Castro,,  Acorde co día gris de hoxe
no arquivo adxunto letra  para leer, e no vinculo para escoitala´
Se vos apetece podedes investigar algo dos lugares do que fala na cantiga
Saude, alegría e cooperación

dia 17
Ola bos días familias , como pasa o tempo verdade? xa estamos a venres, e alá foi outra semana máis,
Hoxe para rematar a semana, quería propoñer unha actividade  de arte.
Son moitas as  informacións e propostas que nos chegan estes días de distintas plataformas que nos permiten acceder a museos, e outros espazos de forma virtual.
É tanta , tanta a información que convén dosificar e ir ofrecendo aos poucos , pois tan malo é o exceso de información como o defecto dela,
Tedes que ir  vendo como van respondendo as vosas fillas e fillos.
Unha desas plataformas  que ofrece contido e o Museo do Prado, e hoxe  imos comezar por unha das súas obras  estrella, unha das obras máis visitada e recoñecida a nivel mundial.
AS MENINAS
O primeiro que vos propoño e que observedes o cadro, e pensedes:
quenes están ali,
Onde están?
Porque están ali?
Que é o que están a facer
Fan todoas a persoas o mesmo,
Pensades que están falando
si é asi de que poden falar(apeteceche  escribir do que falan?)
Dedica un pouco de tempo a pensar nestas cuestións. e agora que xa pensaches, neste enlace  podes atopar unha explicacion feita para nenos (Grazas Inma por facermo chegar)
Como  xa o escoitaches poderás  respostar a moitas cuestións, como quen o pintou? quenes son as persoas que estaban nel?, cal foi  o nome orixinal do cadro? , quenes eran as meninas. e porque as chamaban así
Agora que xa respostaches a todas esas cuestions propoñovos un reto de investigación, sabedes si algún pintor máis fixo versións deste cadro?(pista pintor español o seu nome empeza por P e remata  por O )
Sabedes se nalgunha cidade se usarton as meninas para adornar as súas rúas? (unha pista.. unha delas e unha cidade que ten que ver moito conmigo,  nacín alí e vivía ali de pequena)…
Pero non so e esa hai outra cidade galega que   nun coñecido barrio  , as meninas  adornan as súas rúas e fachadas . Sabedes cal é?(pista, Coral e Mateo van ali as veces creo que alguén da súa familia vive alá)
Agora que xa investigachedes dabondo, vos animades a facer vos  unha reprodución do cadro ou facer a vosa propia menina? quizais tamén poderiades vestirvos  como algún dos personaxes do cadro ou se sodes moitos en casa facer unha reproducción del.
Espero que vos guste a proposta e espero as vosas achegas en forma de debuxo ou foto
Por esta semana nada máis, lembrade que as propostas  a partires de agora irán encamiñadas a repasar o minimo imprescindible e repasar un  pouco todo aquelo que fomos aprendendo, non e necesario que as fagades nun so día ide dosificando segundo vexades aos nenos e nenas ou segundo   a situación na vosa familia.
Lembrade que é importante  practicar un pouquiño a lectura tódolos días(seguro que xa o facedes moi moi ben)( que ganas teño de escoitarvos)
Un pouquiño de musica coñecida por nos para que vos acompañe nesta fin de semana. Ata o luns

Saude  alegría  e cooperación. Carmen