A historia do M.C.E.P. é unha xira claramente influenciada polos cambios políticos na España do século que ven de rematar.
Na segunda República na que a Institución Libre de Ensinanza propugna unha escola do pobo e para o pobo, un grupo de mestres de Lleida (Catalunya) coñece as actividades que Celestin Freinet desenvolve na Francia. Nese grupo de mestres que se achegan as actividades de Freinet e que se reúnen a cotío co nome de «BATEC» («LATEXO» en catalán) é onde situamos o xermolar do noso movemento.
Moitos mestres achéganse ao grupo que vai medrando de seguido chegando a ser notable nalgunhas provincias. Recoñecidos profesores que noutrora formaron parte do mesmo continuaron a dar pulo a súa pedagoxía alá onde foron
A guerra civil (1936-1939) fai esmorecer este movemento. A meirande parte dos membros que o compuñan son chamados a filas, outros son axustizados ou teñen que se exiliar diante do perigo que supón para eles continuar en España baixo o réxime franquista
Ao longo de moitos anos a escola española atópase controlada e rexida polos principios do nacional-sindicalismo dando lugar a unha escola fascista vencellada totalmente aos caprichos teimudos do réxime.
A mediados dos anos 70 (1965-1966) un fato de mestres escomenzan a reunirse na clandestinidade máis absoluta, mantendo contactos con profesores do ICEM(Instituit Cooperatif de L`Ecole Moderna) e coa fin de funcionar dun xeito legal baixo o goberno e a censura imperante, ven a posibilidade de organizarse facendo xermolar a comezos dos setenta a ASOCIACIÓN PARA LA CORRESPONDENCIA e IMPRENTA ESCOLAR (A.C.I.E.S) na que xeito agochado se traballa cos principios da Pedagoxía Freinet.
A asociación vai medrando aos poucos, vai espallándose participando en congresos en Francia e Italia de maneira clandestina, asemade xuntanzas en España van tendo máis sona conquerindo que algunhas escolas funcionen coa súa pedagoxía.
No ano 1977 no VII Congreso de Granada, e coa participación nel de 700 mestras e mestres, españois e estranxeiros, na asemblea decidiuse dar un paso adiante. Morto Franco e aproveitando o marco dunha democracia incipiente e co funcionamento dunhas Cortes Constituíntes, LA ASOCIACIÓN PARA A CORRESPONDENCIA E IMPRENTA ESCOLAR pasa a denominarse MOVIMIENTO COOPERATIVO DE ESCUELA POPULAR (M.C.E.P.).
Vanse unindo máis mestras e mestres, realizando abertamente experiencias
Mantense a revista COLABORACIÓN como órgano de difusión da nosa pedagoxía, particípase en congresos noutros pais e tamén en encontros internacionais.
ACTUALMENTE
O M.C.E.P. é unha confederación de movementos repartidos por todo o Estado Español, as veces coincidentes coas demarcacións administrativas e outras simplemente e un grupo de ensinantes que colaboran xuntos si é que deciden formar grupo independente.
Existen diferentes talleres: Taller 0-8, 8-12…. Taller de educación para a Paz,Taller de Matemáticas, de Linguaxe,etc…..
Estes talleres funcionan dun xeito estable, coordinándose o traveso dos seus boletíns internos e no Congreso anual.Hai talleres que celebran un encontro ó longo do curso escolar, e algúns deles elaboran publicacións específicas dos seus traballos, que ofrecen O MCEP e os ensinantes en xeral.
Como órgano de difusión interna publícanse AL VUELO e os boletíns dos antedito talleres .
Existe unha secretaría confederal que cambia cada dous anoa tratando de evitar así a caída nun réxime burocrático e tamén asegúrase a implicación cooperativa de tódolos grupos nos labores necesarios para o funcionamento tanto administrativo coma pedagóxico.
Realizamos un congreso anual, nos primeiros días do mes de xullo, cun funcionamento asembleario,ó que se invita a un ou varios membros dalgún outro movemento de escola moderna. Asemade no outono organízase o Encontro do Norte, os que asisten os MCEPs da zona norte e no mes de Febreiro, ten lugar a reunión de MCEP-A de Andalucía.
No mes de marzo realizase unha reunión de coordinación, á que asisten: a Secretaría Confederal e representantes de tódolos grupos e talleres.
O M.C.E.P adica un 3% do seu orzamento anual a colaborar nalgún proxecto pedagóxico nalgún pais desfavorecido, colaborando tamén en experiencias pedagóxicas no Sahara e mantendo especiais relacións cos movementos de HISPANOAMËRICA e a CAMEN.
O Movemento Cooperativo de Escola Popular, aínda que ten sufrido a crise que afectou a tódolos movementos e asociacións do noso entorno, e o número dos seus membros viuse mermado, vive un momento equilibrio e madurez.Valoramos moi positivamente os niveis acadados,tanto nos nosos traballos e encontros, como nas relacións persoais entre os seus membros. Nembargantes é motivo de preocupación a falta de profesores novos que permitan a renovación necesaria asegurando a continuidade e desenvolvemento das nosas ideas, así como a posibilidade de conquerir algún día a escola que desexamos e pola que loitamos.